Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26091

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 334/2014).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 334/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Blanco González contra 7G Investment and Alliances, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolución.

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Mercedes Blanco González, asistida polo letrado Sr. Campos Nieto, contra a entidade 7G Investment and Alliances, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 2.698,25 euros como cantidade debida, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre esa cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a 7G Investiment and Alliances, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza