Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 551/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 551/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Romero Piñeiro contra Cut Redesing Business Solution, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza co número 125/2017, con data do 28 de febreiro de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Eva Piñeiro Romero, representada pola letrada señora Iglesias García, contra a empresa Cut Redesing Business Solution e o Fogasa –incomparecidos ambos ao acto de xuízo, malia a súa citación en forma– pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

1º. Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Eva Piñeiro Romero contra a entidade Cut Redesing Business Solutions, S.L., debo condenala e condénoa a que lle aboe a cantidade de 1.202,58 euros, que se deberá incrementar cun xuro do 10 % computado no modo indicado no fundamento xurídico segundo da presente resolución.

2º. Que debo condenar e condeno o Fogasa a se ater á condena imposta á empresa demandada.

3º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cut Redesing Business Solution, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza