Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25928

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Tribunal de Contas (Sección de Axuizamento - Departamento Primeiro)

EDICTO polo que se fai público o procedemento de reintegro por alcance número A78/17.

Polo presente faise público, para dar cumprimento ao acordado pola conselleira do Departamento Primeiro da Sección de Axuizamento do Tribunal de Contas por providencia do cinco de maio de dous mil dezasete, ditada no procedemento de reintegro por alcance nº A78/17, do ramo de sector público local (Concello de Viveiro), provincia de Lugo, que no devandito tribunal se segue xuízo con motivo do posible descuberto producido nos fondos públicos, como consecuencia de irregularidades na contabilización da sociedade Aparcamientos A Mariñas, S.L., que puideron dar lugar a un desfase entre o facturado e o ingresado presumiblemente no exercicio 2015, o que se fai saber coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos presentándose en forma dentro do prazo de nove días.

Madrid, 5 de maio de 2017

Carlos Cubillo Rodríguez
Letrado secretario