Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25929

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria de participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea, para pemes.

missing image file

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Misión comercial a Indonesia e Filipinas (23 setembro-1 outubro de 2017).

2. Misión comercial a Nixeria e Benin (10-16 setembro de 2017).

3. Misión comercial a Ghana e Costa de Marfil (2-10 setembro de 2017).

4. Participación na feira Seafex (Dubai) (16-22 setembro de 2017).

5. Visita á feira Seafex (Dubai) (17-21 setembro de 2017).

6. Visita á feira Seafood Expo Asia (Hong Kong) (3-9 setembro de 2017).

7. Visita á feira Japan International Seafood & Technology Expo (Toquio) (21-27 agosto de 2017).

8. Visita á feira China Fisheries & Seafood Expo (Qingdao) (30 outubro-6 de novembro de 2017).

9. Visita á feira Gulfood Manufacturing (Dubai) (29 outubro-4 novembro de 2017).

10. Misión comercial a Estados Unidos e Canadá (14-29 de outubro).

11. Misión inversa/Encontro empresarial de subcontratación industrial (25-30 setembro de 2017).

12. Visita á feira Europort (Róterdam) (5-11 novembro de 2017).

13. Visita á feira Marintec (Shanghai) (2-10 decembro de 2017).

14. Visita á feira Midest (París) (1-7 outubro).

15. Misión comercial a Hungría, República Checa e Eslovaquia (25 novembro-3 decembro de 2017).

16. Misión comercial a Brasil (4-12 novembro).

17. Misión comercial a Romanía e Bulgaria (12-18 novembro de 2017).

18. Misión comercial a Croacia, Serbia, Eslovenia e Bosnia (19-25 novembro de 2017).

19. Misión inversa Conxemar 2017 (30 setembro-7 outubro de 2017).

20. Misión comercial a Mauritania (10-17 decembro).

Primeiro. Beneficiarias

Pemes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais pode consultarse a través da web www.camarapvv.com

Cuarto. Contía

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a estas convocatorias para o período 2014-2020, en concepto de subvencións, é de:

1. Misión comercial a Indonesia e Filipinas: 18.880 euros.

2. Misión comercial a Nixeria e Benin: 16.400 euros.

3. Misión comercial a Ghana e Costa de Marfil: 22.160 euros.

4. Participación na feira Seafex (Dubai): 40.800 euros.

5. Visita á feira Seafex (Dubai): 16.000 euros.

6. Visita á feira feira Seafood Expo Asia (Hong Kong): 20.000 euros.

7. Visita á feira Japan International Seafood & Technology Expo (Toquio): 33.360 euros.

8. Visita á feira China Fisheries & Seafood Expo (Qingdao): 32.480 euros.

9. Visita á feira Gulfood Manufacturing (Dubai): 12.388,80 euros.

10. Misión comercial a Estados Unidos e Canadá: 37.600 euros.

11. Misión inversa/Encontro empresarial de subcontratación industrial: 20.000 euros.

12. Visita á feira Europort (Róterdam): 7.040 euros.

13. Visita á feira Marintec (Shanghai): 13.200 euros.

14. Visita á feira Midest (París): 6.960 euros.

15. Misión comercial a Hungría, República Checa e Eslovaquia: 23.840 euros.

16. Misión comercial a Brasil: 18.720 euros.

17. Misión a Romanía e Bulgaria: 23.360 euros.

18. Misión comercial a Croacia, Serbia, Eslovenia e Bosnia: 30.560 euros.

19. Misión inversa Conxemar 2017: 49.600 euros.

20. Misión comercial a Mauritania: 9.360 euros.

As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe de 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese o día seguinte ao da publicación deste anuncio e finalizará:

1. Misión comercial a Indonesia e Filipinas (23 setembro-1 outubro de 2017): 20 de xullo de 2017.

2. Misión comercial a Nixeria e Benin (10-16 setembro de 2017): 20 de xullo de 2017.

3. Misión comercial a Ghana e Costa de Marfil (2-10 setembro de 2017): 20 de xullo de 2017.

4. Participación na feira Seafex (Dubai) (16-22 setembro de 2017): 20 de xullo de 2017.

5. Visita á feira Seafex (Dubai) (17-21 setembro de 2017): 20 de xullo de 2017.

6. Visita á feira Seafood Expo Asia (Hong Kong) (3-9 setembro de 2017): 20 de xullo de 2017.

7. Visita á feira Japan International Seafood & Technology Expo (Toquio) (21-27 agosto de 2017): 20 de xullo de 2017.

8. Visita á feira China Fisheries & Seafood Expo (Qingdao) (30 outubro-6 de novembro de 2017): 10 de agosto de 2017.

9. Visita á feira Gulfood Manufacturing (Dubai) (29 outubro-4 novembro de 2017): 10 de agosto de 2017.

10. Misión comercial a Estados Unidos e Canadá (14-29 de outubro): 20 de xullo de 2017.

11. Misión inversa/Encontro empresarial de subcontratación industrial (25-30 setembro de 2017): 15 de setembro de 2017.

12. Visita á feira Europort (Róterdam) (5-11 novembro de 2017): 20 de outubro de 2017.

13. Visita á feira Marintec (Shanghai) (2-10 decembro de 2017): 20 de outubro de 2017.

14. Visita á feira Midest (Paris) (1-7 outubro): 20 de setembro de 2017.

15. Misión comercial a Hungría, República Checa e Eslovaquia (25 novembro-3 decembro de 2017): 20 de setembro de 2017.

16. Misión comercial a Brasil (4-12 novembro): 20 de setembro de 2017.

17. Misión a Romanía e Bulgaria (12-18 novembro de 2017): 20 de setembro de 2017.

18. Misión comercial a Croacia, Serbia, Eslovenia e Bosnia (19-25 novembro de 2017): 20 de setembro de 2017.

19. Misión inversa Conxemar 2017 (30 setembro-7 outubro de 2017): 14 de setembro de 2017.

20. Misión comercial a Mauritania (10-17 decembro): 20 de outubro de 2017.

O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web www.camarapvv.com

Vigo, 2 de maio de 2017

José García Costas
Presidente