Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25562

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017 pola que se publican os convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no primeiro cuadrimestre de 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no primeiro cuadrimestre de 2017, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega de Agader

Egap e Agader

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

4.1.2017

Sen achega económica