Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25563

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Importe achegado pola Axencia

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para o impulso do asociacionismo no sector turístico de Galicia, mediante tramitación anticipada.

137.000 €

2.1.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas curriculares dos estudantes do grao en Turismo e do máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde na Axencia Turismo de Galicia.

Sen achega económica

23.1.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para a apertura de igrexas no Camiño.

129.000 €

24.2.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lobios para a rehabilitación do contorno da ermida de Santa Lucía, no lugar de Vilameá.

59.500 €

24.2.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca e a Xunta Xeral de Confrarías e Hermandades de la Semana Santa de Ferrol para a celebración da Semana Santa 2017.

40.000 €

24.2.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e a Asociación Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro para a celebración da Semana Santa de Viveiro 2017.

40.000 €

24.2.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Xinzo de Limia para a celebración do Entroido.

25.000 €

24.2.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cortegada para o acondicionamento e sinalización do acceso ao miradoiro Coto da Pena e ao balneario.

50.000 €

27.2.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Baiona para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2017.

40.000 €

27.2.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cambados para a celebración da Festa do Viño Albariño 2017.

28.000 €

2.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas.

20.000 €

2.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos.

20.000 €

2.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Catoira para a celebración da Romaría Vikinga 2017.

40.000 €

2.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e a Fundación Festa da Istoria de Ribadavia para a celebración da Festa da Istoria 2017.

25.000 €

8.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Carballliño para a celebración da Festa do Pulpo 2017.

20.000 €

8.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a celebración da Feira do Cocido de Lalín.

20.000 €

8.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e a Asociación Cultural Festas do Mar de Muxía para a celebración da Romaría da Nosa Sra. da Barca 2017.

25.000 €

8.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Ortigueira para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta.

40.000 €

8.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a celebración das Festas de San Roque 2017.

20.000 €

8.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Ponteareas para a celebración da festa do Corpus Christi 2017.

40.000 €

8.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca e o Concello de Arbo para a celebración da LVII Festa da Lamprea de Arbo.

20.000 €

17.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a través do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e o reitor, o director e os académicos da Universidade de Cambridge, mediante os seus departamentos, a Xunta Examinadora da Universidade de Cambridge e Cambridge English Language Assessment e o Centro Británico de Idiomas, S.L., Authorised Centre ES029, Santiago de Compostela.

Sen achega económica

17.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde.

20.000 €

21.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Forcarei para a escavación e consolidación arqueolóxica da Neveira 1 de Fixó, na parroquia de Millarada.

59.972,84 €

27.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a implementación, difusión e promoción da marca Q de calidade turística no sector turístico de Galicia.

150.000 €

27.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clube Praia de Pantín para a celebración da 30ª edición do Circuíto Mundial da World Surf League (WSL) que terá lugar do 28 de agosto ao 3 de setembro do ano 2017.

120.000 €

28.3.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia –a través da Axencia Turismo de Galicia–, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Monterrei para a limpeza, conservación e mantemento do contorno do Castelo de Monterrei e a adaptación de edificio para a implantación dun centro de degustación, exposición e venda de produtos da comarca de Monterrei.

20.000 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo) para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no xeodestino Costa da Morte.

60.000 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para a realización de actividades de dinamización turística na provincia de Ourense.

100.000 €

3.4.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración de Xantar, 18º Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

23.164 €

4.4.2017

Convenio de colaboracion entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes.

300.000 €

4.4.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a entidade Obradoiro CAB SAD para desenvolvemento do proxecto O Camiño remata no Obradoiro.

80.000 €

4.4.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e os concellos galegos do Camiño Francés para actuacións de mellora e mantemento, de atención e información ao peregrino, e de promoción do Camiño Francés.

1.162.050 €

(387.350 €/por anualidade 2017/2018/2019)

17.4.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Crecente para a realización dunha 2ª fase da recuperación da pesqueira A Follagueira e acondicionamento do acceso e aparcadoiro.

62.699,77 €

21.4.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio As Mariñas para a realización de actividades de promoción e información do turismo no xeodestino As Mariñas.

40.000 €

24.4.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para a realización de actividades de promoción e información do turismo no xeodestino Ferrolterra.

60.000 €

24.4.2017