Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25628

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 46/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 46/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Manuel Martínez Paz contra Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Nueva Línea Iglesias, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., Fábrica de Madera Hermanos Iglesias, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José Manuel Martínez Paz fronte a Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Nueva Línea Iglesias, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., Fábrica de Madera Hermanos Iglesias, S.L., parte executada.

Despois de se presentar o traballador José Manuel Martínez Paz exixindo o cumprimento por parte do empresario Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Nueva Línea Iglesias, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., Fábrica de Madera Hermanos Iglesias, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución de sentenza de data 17 de novembro de 2016, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse e fixo o próximo día 1 de xuño de 2017, ás 9.45 horas, para realizar a comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante terá lugar o acto sen a súa presenza.

E para que sirva de citación e notificación en legal forma a Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., Fábrica de Madera Hermanos Iglesias, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza