Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25195

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (848/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 848/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Manteiga Abet contra Egarsat Mutua de AT y EP da SS número 276; Carpintaría Igma, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS), se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que, rexeitando integramente a demanda interposta por David Manteiga Abet, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Egarsat Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 276 e Carpintaría Igma, S.L., debo absolver e absolvo os demandados das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (art. 191.3.c) LRXS)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Carpintaría Igma, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza