Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 2 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de resolucións ditadas no procedemento BS650A.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas por esta xefatura territorial nos procedementos instados polas persoas que se citan no anexo e que no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que de non facelo así teranse por notificados.

Ás persoas que se citan no anexo infórmaselles que as ditas resolucións esgotan a vía administrativa, contra as cales poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social ante esta xefatura territorial no prazo de trinta días (30) seguintes á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social; ou directamente poderá formalizar a demanda no prazo de dous (2) meses ante o xulgado ou sala competente desta orde xurisdicional.

Vigo, 2 de maio de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. de expediente

Resolución

Data da resolución

Novoa López, Roberto

30674832P

36/01351-I/99

Extinción

22.3.2017

Montoya Gabarrez, Rosario

53182273V

36/00493-I/09

Extinción

16.3.2017

García Vidal, Lucía Victoria

35314212N

36/00485-I/12

Suspensión

19.4.2017

Lorenzo Penedo, María Rosa

36066315S

36/00172-I/15

Denegación

27.3.2017