Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017 pola que se convoca a contratación, por procedemento aberto, da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas no concello de Vilalba, tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 20/2017).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Correo electrónico: xestion.politicasocial@xunta.gal.

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es.

7º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 20/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas no concello de Vilalba.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: centros de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas no concello de Vilalba.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2017.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia nomenclatura): 85310000 servizos de asistencia social.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: trescentos oitenta e dous mil oitocentos oitenta e un euros con oitenta e catro céntimos (382.881,84 €).

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: noventa e dous mil catrocentos sesenta euros con sesenta e tres céntimos (92.460,63 €), aos que se lles engaden cinco mil douscentos vinte e cinco euros con oitenta e tres céntimos (5.225, 83 €) que corresponden ao IVE, polo que o importe total do expediente de gasto é de noventa e sete mil seiscentos oitenta e seis euros con corenta e seis céntimos (97.686,46 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do contrato, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver a cláusula 5.4.7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=149310.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social