Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda a iniciación do expediente sancionador SAI IN 635-C 2017/64-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido á interesada que se sinala no anexo, publícase a continuación este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Ademais, infórmaselle á interesada que o expediente está á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 11 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI IN 635-C 2017/64-1.

Interesada: C.T.M. Montajes, S.L.

CIF: B15388945.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Oleiros.