Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 9 de maio de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00977-O-2016 e catro máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00977-O-2016 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e de non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00977-O-2016

5043-FHG

Logitrans 2013, S.L.

B24659450

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 8 horas e inferior ou igual a 10 horas.

26.5.2016; 10.11; A-52; 132

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.500 euros

PO-02001-S-2016

0501-FBY

Gondomar, S.L.

B36629095

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

4.2.2016; 16.00; Eduardo Cabello-rotonda Graniteiros

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02092-O-2016

1633-CFL

El Baroudi El Ayadi Mogamed

51756861F

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA de ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

15.2.2016; 18.53; AP9; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-02878-O-2016

9197-JFB

Teyca Butano, S.L.

B94016474

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA de ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 26 %.

4.4.2016; 16.32; AP9; 139,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.200 euros

XC-01301-O-2016

0609-DYK

Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L.

B70182969

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

17.3.2016; 12.47; AP9F; 25,5

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros