Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 9 de maio de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01113-O-2016 e seis máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador número LU-01113-O-2016 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01113-O-2016

8685-FVJ

Transnaimadoce, S.L.

B39752100

Atenuante-Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

25.5.2016; 8.35; LU530; 3,5

Art. 141.25 LOTT
Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-01115-O-2016

8685-FVJ

Transnaimadoce, S.L.

B39752100

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

25.5.2016; 8.35; LU530; 3,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

OU-00996-O-2016

1787-JBF

Jinhui Chen

Y2690781W

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

7.4.2016; 16.28; A-52; 250

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-02915-S-2016

8277-FWB

Carpintería Ulloa, S.L.

B27404193

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

2.4.2016; 8.35

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01564-O-2016

4853-FYJ

Reyjosa, S.L.

B15236052

Diminución do descanso semanal reducido en máis de 2 horas. Igual ou superior a 20 horas e inferior a 22 horas

16.4.2016; 21.41; CP 1105; 14,0

Art. 141.24.5 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01931-O-2016

1796-GTG

Ceddis Roalco, S.L.

B70169503

Carecer dos extintores que resulten obrigatorios en función do vehículo ou a carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

23.5.2016; 12.08; N550; 43,0

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-02032-O-2016

2173-FVM

Transportesgonromy, S.L.

B27446715

Diminución do descanso semanal normal en máis de 3 horas. Igual ou superior a 36 horas e inferior a 42 horas.

9.5.2016; 8.42; N634; 709,5

Art. 141.24.5 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros