Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25020

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2017

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Redondela ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

16.1.2017

Protocolo de adhesión do Concello da Pobra do Brollón ao Convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, ao abeiro do procedemento de regularización catastral.

Sen achega económica

27.1.2017

Protocolo de adhesión do Concello de Val do Dubra ao Convenio de colaboración asinado o 23 de maio de 2016 entre a Consellería de Facenda, a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, ao abeiro do procedemento de regularización catastral

Sen achega económica

17.2.2017

Protocolo de adhesión do Concello de Vigo ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

4.4.2017

Protocolo de adhesión do Concello de Caldas de Reis ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

26.4.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.325.000

28.4.2017