1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes. Nº de expediente 15922-333.
2. Obxecto do contrato: a execución das obras do proxecto de reforma estrutura e pavimento do pavillón A Mina-Castrelos.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: catro (4) meses. Prórroga: non procede.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 214.200,00 euros, IVE que ten soportar a Administración: 44.982,00 euros. Orzamento total: 259.182,00 euros.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: si; por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato e documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo C (edificacións), subgrupo 6 (pavimentos, sollados e azulexados), categoría 1 e grupo C (edificacións), subgrupo 2 (estruturas de fábrica e formigón), categoría 1. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas). Indicaranse importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado e documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo C (edificacións), subgrupo 6 (pavimentos, sollados e azulexados), categoría 1 e grupo C (edificacións), subgrupo 2 (estruturas de fábrica e formigón), categoría 1.
8. Presentación de ofertas: prazo: rematará o vixésimo sexto (26) día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 16 de maio de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación