Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de corrección de erros da licitación do contrato de actualización da cartografía deste termo municipal.

En data 25 de abril de 2017 (DOG núm. 79) publicouse anuncio da licitación mencionada na cabeceira. En data 12 de abril de 2017 publicouse, así mesmo, anuncio no BOP de Pontevedra (núm. 72).

Nestes anuncios figura un orzamento de licitación erróneo, de 169.400 €, IVE incluído.

O orzamento correcto é de 111.500 € sen IVE, máis 23.415 € de IVE, o que supón un total de 134.915 €, tal e como figura nos pregos que están dispoñibles na Plataforma de contratos do sector público e no anuncio publicado na mencionada plataforma.

En consecuencia, o prazo de presentación de ofertas contarase desde a data da última publicación desta corrección no BOP ou no DOG.

A data definitiva de finalización do prazo para a presentación de ofertas publicarase na Plataforma de contratos do sector público.

Pontevedra, 28 de abril de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 21 de abril de 2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda