Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os acordos de procedencia de reintegro de subvencións ás persoas interesadas no expediente TR341D-2014/000381-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentáronse as notificacións por correo certificado ás persoas interesadas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifican por medio deste anuncio as resolucións recaídas nos correspondentes expedientes.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa ou do prazo dun mes para interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 10 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D-2014/000381-1.

Acordo de procedencia de reintegro parcial da subvención.

Solicitante: Ana Yelitza Vega de Oliveira.

NIF/NIE: Y3157758X.

Concello: Teo.

Materia: subvención promoción de emprego polo concepto de establecemento como persoa traballadora autónoma.

Data resolución: 30 de marzo de 2017.

Expediente: TR341D-2014/000384-1.

Acordo de procedencia de reintegro parcial da subvención.

Solicitante: Alejandro de Oliveira Alonso.

NIF/NIE: 49666955L.

Concello: Teo.

Materia: subvención promoción de emprego polo concepto de establecemento como persoa traballadora autónoma.

Data resolución: 30 de marzo de 2017.