Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización do acordo marco cun único empresario do servizo para a impresión, personalización e subministración de títulos de certificados de profesionalidade desta consellería (expediente 4/2016 DXOPL).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Número de expediente: 4/2016 DXOPL.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición: servizo para a impresión, personalización e subministración de títulos de certificados de profesionalidade para a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes: non.

d) CPV: 79800000-2 servizos de impresión e servizos conexos.

e) Acordo marco: si.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Economía, Emprego e Industria.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 11 de xaneiro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: cento oitenta e nove mil seiscentos trinta euros (189.630,00 €) incluídas as posibles modificacións e prórroga (excluído o imposto sobre o valor engadido).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación do acordo marco: 28 de marzo de 2017.

b) Contratista: UTE Didoseg, S.A.-Ovelar, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: precio unitario (sen IVE): 1,45 €.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria