Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 506/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento seguridade social 506/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Campos Freire contra a empresa Nabiña Promociones, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidade Muprespa, sobre seguridade social, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Decido

Desestimar a demanda formulada por Manuel Campos Freire contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, TXSS, Mutua Fraternidade Muprespa e contra Nabiña Promociones, S.L, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e TXSS, absolvo os demandados da pretensión dirixida contra eles.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nabiña Promociones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza