Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolucións (ETX 130/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 130/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Manuel Deán Vila contra Limpiezas Secope, S.A., Fogasa, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Dispoño: Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Marcos Manuel Deán Vila, contra Limpiezas Secope, S.A., Fondo de Garantía Salarial, parte executada, polo importe de 7.508,93 euros en concepto de principal (3.929,90 euros de salarios máis 1.033,62 euros de xuros do artigo 29.3 ET máis 2.545,41 euros de indemnización), máis outros 750,89 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.»

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Limpiezas Secope, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Marcos Manuel Deán Vila e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para poderen sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza