Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (PO 1025/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1025/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Torres Vázquez contra a empresa Imaro Informática, S.L., foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e oito de abril de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito

Primeiro. Patricia Torres Vázquez presentou demanda contra Imaro Informática, S.L. e, en consecuencia, incoouse o procedemento ordinario 1025/2014.

Segundo. A parte demandante presentou escrito desistindo da súa demanda por carencia sobrevinda do obxecto desta.

Fundamentos de dereito

Único. De conformidade co artigo 22 da LAC cando, por circunstancias sobrevindas á demanda e á reconvención, deixar de haber interese lexítimo en obter a tutela xudicial pretendida, por se teren satisfeito, fóra do proceso, as pretensións do demandante e, se for o caso, do demandado reconveniente ou por calquera outra causa, será posta de manifesto esta circunstancia e será decretada polo secretario xudicial a terminación do proceso, sen que proceda condena en custas.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo: ter por desistida Patricia Torres Vázquez da súa demanda e, unha vez firme esta resolución, arquivaranse os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos deixando certificación no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., coa indicación “recurso” no campo do concepto, seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “código 31 Social- Revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Imaro Informática, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza