Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24682

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (361/2014).

PO. Procedemento ordinario 361/2014

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: María Josefa Lorenzo Varela

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Demandados: Tortoni, S.L., Financial Developed Arabia Saudí, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Cocimanía Noroeste, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Emilio Suárez de Ron, Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Orzapub, S.L., Javier Antonio Álvarez Poch, Rodríguez Porvén Bernabé, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 361/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia da María Josefa Lorenzo Varela contra Tortoni, S.L., Financial Developed Arabia Saudí, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Cocimanía Noroeste, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Emilio Suárez de Ron, Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Orzapub, S.L., Javier Antonio Álvarez Poch e Rodríguez Porvén Bernabé, S.L., sobre procedemento ordinario, se ditou a seguinte sentenza aclarada cuxa resolución di:

Que debo rectificar/completar a sentenza ditada nestas actuacións o pasado día 17 de abril de 2017. A súa resolución queda redactada da seguinte forma e mantense integramente nos restantes pronunciamentos.

«... Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Josefa Lorenzo Varela contra a entidade Tortoni, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Tortoni, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 5.533,33 euros brutos, por salarios devindicados desde novembro de 2013 ao 3 de febreiro de 2014, e horas extras realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de novembro de 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Josefa Lorenzo Varela contra as entidades Financial Developed Arabia Saudí, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Cocimanía Noroeste, S.L., Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Orzapub, S.L. e Rodríguez Porvén Bernabé, S.L. contra Emilio Suárez de Ron e Javier Antonio Álvarez Poch e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas na súa contra.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Tortoni, S.L., Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Financial Developed Arabia Saudí, S.L., Rodríguez Porvén Bernabé, S.L. e Orzapub, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza