Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos da subministración de equipamento para as estacións meteorolóxicas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (6 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 9/2016 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=55649

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamento para as estacións meteorolóxicas

c) CPV (referencia de nomenclatura): 3812000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 104.445,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 104.445,00 €. Importe total: 126.378,45 €.

6. Dotación por lotes:

a) Lote 1. Sondas de presión, temperatura e humidade e radiosondas. Importe neto: 17.690,00 € Importe total: 21.404,90 €.

b) Lote 2. Sensores de velocidade e dirección de vento, rexistradores de datos (dataloggers), módems GPRS, armarios intemperie, sistemas de calefacción e protectores de radiación. Importe neto: 37.565,00 €. Importe total: 45.453,65 €.

c) Lote 3. Pluviómetros de cazoletas con e sen calefacción, líquido pluviómetro pesado. Importe neto: 17.650,00 €. Importe total: 21.356,50 €

d) Lote 4. Equipamentos de radiación e sensores manuais. Importe neto: 4.010,00 €. Importe total: 4.852,10 €.

e) Lote 5. Fontes alimentación, baterías, conectores e reguladores de carga. Importe neto: 4.380,00 €. Importe total: 5.299,80 €.

f) Lote 6. Soportes e mastros aceiro inoxidable. Importe neto: 23.150,00 €. Importe total: 28.011,50 €.

7. Financiamento: esta contratación é financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación encádrase no eixe prioritario 5, Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos, prioridade de investimento 05.01, Apoio ao investimento destinado á adaptación ao cambio climático, incluídos planeamentos nos ecosistemas.

8. Formalización do contrato do lote 1:

a) Data de adxudicación: 28 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xaneiro de 2017.

c) Adxudicatario: Instalaciones y Equipamientos Metereológicos, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 16.660,00 €. Importe total con IVE: 20.158,60 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

9. Formalización do contrato do lote 2:

a) Data de adxudicación: 28 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xaneiro de 2017.

c) Adxudicatario: Campbell Scientific Spain, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 36.872,95 €. Importe total con IVE: 44.616,27 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

10. Formalización do contrato do lote 3:

a) Data de adxudicación: 28 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xaneiro de 2017.

c) Adxudicatario: Instalaciones y Equipamientos Metereológicos, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 12.485,00 €; Importe total con IVE: 15.106,85 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

11. Formalización do contrato do lote 4:

a) Data de adxudicación: 14 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 28 de marzo de 2017.

c) Adxudicatario: Álava Ingenieros, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 3.326,80 €. Importe total con IVE: 4.025,42 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

12. Formalización do contrato do lote 5:

a) Data de adxudicación: 28 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xaneiro de 2017.

c) Adxudicatario: Álava Ingenieros, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 3.937,06 €. Importe total con IVE: 4.763,84 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

13. Formalización do contrato do lote 6:

a) Data de adxudicación: 28 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 13 de xaneiro de 2017.

c) Adxudicatario: Ángel Suárez Casal.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 22.350,00 €. Importe total con IVE: 27.043,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio