Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de actuacións de ordenación do uso público e divulgación dos valores naturais do monumento natural da Praia das Catedrais, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 80/2016 CN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=97660

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de actuacións de ordenación do uso público e divulgación dos valores naturais do monumento natural da Praia das Catedrais.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 124.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 124.500,00 €. Importe total: 150.645,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de abril de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 24 de abril de 2017.

c) Adxudicataria: Estudios Técnicos Topysa, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 98.990,00 €. Importe total con IVE: 119.777,90 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica de la Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio