Ao abeiro do establecido no artigo 5 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, Gerardo Fernández Albor presentou a renuncia á súa condición de conselleiro nato do Consello Consultivo de Galicia, por razóns estritamente persoais, e esta foi aceptada mediante resolución do presidente do Consello Consultivo de Galicia.
Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil dezasete,
DISPOÑO:
Que cese, como conselleiro nato do Consello Consultivo de Galicia, Gerardo Fernández Albor, agradecéndolle os servizos prestados e a súa contribución ao bo funcionamento desa institución.
Santiago de Compostela, dezaoito de maio de dous mil dezasete
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza