Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24241

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 102/2016).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día 20.1.2017, no proceso seguido por instancia de Belén María Castro Fernández contra Seven Arts Tourism, S.L. (Tecnotur), se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto ditado no procedemento ETX 102/2016, a Seven Arts Tourism, S.L. (Tecnotur), en ignorado paradoiro.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Seven Arts Tourism, S.L. (Tecnotur) en situación de insolvencia por importe de 7.743,62 euros en concepto de indemnización, máis outros 83.572,15 euros de salarios de tramitación, máis outros 8.650,12 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 9.222,22 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as súas custas, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Seven Arts Tourism, S.L. (Tecnotur), en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza