Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación administrativa especial de organización e desenvolvemento de cursos de formación lingüística e metodolóxica no Reino Unido, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemaña, Portugal e España para o profesorado participante na convocatoria PIALE e outras actividades formativas (expediente ED-DXEFPIE-02/17 SE).

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG número 92, do día 15 de maio de 2017, na páxina 23642, no punto 5, na letra d), onde di:

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 25680

Debe dicir:

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=163832