Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 27 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo (procedemento ordinario 103/2017) interposto pola Confederación Intersindical Galega.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 103/2017, interposto pola Confederación Intersindical Galega contra a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de marzo de 2017, pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos con centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos