Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23854

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 361/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 361/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Arturo Rodríguez González contra Celuisma, S.A., Celuisma, S.A. (Hotel Los Tilos), Fondo de Garantía Salarial, Corporation Rioseco Business, Hoteles de Castilla y León, Despacho Ábaco Hoteles de Castilla y León, César Manuel Fernández Hoyos, Hoteles Faranda Internacional, Norte Hotel Florida, Sociedad Unipersonal Cityhouse Los Tilos, sobre ordinario, se acordou citar a Corporation Rioseco Business, Grupo Hotelero Mar y Sol e Faranda International Hotels, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707, o día 4.7.2017, ás 12.35 e 12.40 horas, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberán acudir con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer no acto de xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lles sirva de citación a Corporation Rioseco Business, Grupo Hotelero Mar y Sol e Faranda International Hotels, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza