Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23590

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2017 pola que se publica a modificación do plan de estudos de máster universitario en Xestión e Dirección Laboral pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas do plan de estudos correspondente ás ensinanzas de máster universitario en Xestión e Dirección Laboral pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, con data do 16 de setembro de 2011,

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Xestión e Dirección Laboral pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª edición)
pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela
e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4312031

Rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas.

Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

24

Prácticas externas obrigatorias

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Seguridade social complementaria

OB

3

Módulo obrigatorio

Dereito do traballo e crise da empresa

OB

3

Xestión da prevención de riscos laborais

OB

3

Aspectos macroeconómicos e territoriais do mercado de traballo

OB

3

Xestión tributaria

OB

6

Análise contable

OB

3

Aspectos xurídicos-laborais en materia de igualdade

OB

3

Auditoría sociolaboral

OP VINC

6

Especialidade en xestión sociolaboral

Xestión laboral e da Seguridade Social

OP VINC

6

Seguridade social comunitaria

OP VINC

3

Réxime fiscal das relacións laborais

OP VINC

3

Empresas, traballadores e dereito tributario transnacional

OP VINC

3

Políticas sociolaborais

OP VINC

3

Dirección estratéxica de RR.HH.

OP VINC

3

Especialidade en recursos humanos

A simulación como ferramenta de deseño de políticas de RR.HH.

OP VINC

3

Xestión do coñecemento

OP VINC

3

Liderado e habilidades directivas

OP VINC

6

As dúas visións do conflito laboral

OP VINC

3

Xestión da Seguridade Social

OP VINC

3

Iniciativa emprendedora

OP VINC

3

Relacións transfronteirizas no marco da UE. Introdución ao dereito social portugués

OP VINC

6

Especialidade en dirección laboral de empresas

Organización da prevención na empresa

OP VINC

6

Técnicas de negociación colectiva

OP VINC

3

Medidas de solución de conflitos

OP VINC

3

Administración laboral e dereito sancionador do traballo

OP VINC

6

Prácticas externas

OB

6

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

OB

6

O máster consta de tres especialidades, cada unha delas impartida nunha universidade diferente:

– Especialidade en recursos humanos (UDC).

– Especialidade en xestión sociolaboral (USC).

– Especialidade en dirección laboral de empresas (UVIGO).

Para obter o título, o alumno deberá realizar como mínimo unha especialidade, para o cal terá que superar todas as materias optativas vinculadas do módulo correspondente. Tamén poderá titularse con dúas ou coas tres especialidades ofertadas no máster. As materias obrigatorias impartiranse na USC, UDC e UVIGO simultaneamente.