Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista que leva por título Extensión da rede de distribución de gas natural I0-12 no lugar de Conturiz (Lugo), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2017/2-2).

Para os efectos previstos nos artigos 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista que leva por título «Extensión da rede de distribución de gas natural I0-12 no lugar de Conturiz (Lugo)», que promove a empresa Gas Galicia SDG, S.A.

Peticionario:

Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

Mediante a Orde do 14 de outubro de 1993 a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servizo público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Lugo e Vilalba.

Esta concesión administrativa transformouse en autorización administrativa á entrada en vigor da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, porque segundo o establecido na súa disposición adicional sexta, todas as concesións para actividades incluídas no servizo público de subministración de gases combustibles por canalización quedan extinguidas e substituídas de pleno dereito por autorizacións administrativas.

O 29 de xuño de 2016 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista, que leva por título «Extensión da rede de distribución de gas natural I0-12 no lugar de Conturiz (Lugo)», que completou o 17 de agosto de 2016 coa presentación da solicitude de declaración de utilidade pública e que non chegou a autorizarse pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DXEM).

O 11 de xaneiro de 2017 a empresa solicitou desistir desa solicitude por ter chegado a acordo co propietario afectado para a instalación da ERM e por considerar necesario dividir o proxecto en dous: un para o punto de entrega de gas natural (promovido por Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A.) e outro para a extensión de rede ata os puntos de consumo (promovido por Gas Galicia SDG, S.A.). Esta desistencia foi estimada por resolución da DXEM do 27 de xaneiro de 2017.

Obxecto da petición:

O 11 de xaneiro de 2017 a empresa Gas Galicia SDG, S.A., presentou a nova solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista, que leva por título «Extensión da rede de distribución de gas natural I0-12 no lugar de Conturiz (Lugo)».

Descrición das instalacións:

O proxecto de referencia, contempla as canalizacións que configuran a instalación dunha extensión de rede, en PE 110 e MOP 4bar que discorre na súa totalidade polo termo municipal de Lugo.

O alcance das instalacións de gas obxecto deste proxecto resúmese nos seguintes puntos:

– 885 m de tubaxe de PE SDR 17,6/17 de 110 mm de diámetro con inicio na válvula de saída do punto de entrega da sociedade Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A., situada nas coordenadas X:620.852, Y:4.758.779 (UTM 29, ETRS 89). Desde este punto distribuirase a rede de gas enterrada por zona de calzada ata o viario da Deputación de Lugo, estrada LU-P-2904.

– 2 válvulas de corte para a regulación e control do fluxo de gas na extensión de rede.

Termo municipal afectado:

A solicitude afecta ao termo municipal de Lugo, na provincia de Lugo.

Orzamento:

O orzamento das instalacións ascende á cantidade de corenta e catro mil cento sesenta e un euros con sesenta e oito céntimos (44.161,68 €).

O que, de acordo coa normativa invocada, se fai público para coñecemento xeral e para que aquelas persoas que se consideren afectadas polo proxecto titulado «Extensión da rede de distribución de gas natural I0-12 no lugar de Conturiz (Lugo)», poidan examinalo nesta xefatura territorial, con enderezo na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Lugo, 10 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo