Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada cambio de sección túnel de Vilar de Francos ao CT Ponte Espiño, no concello de Teo (expediente IN407A 2016/2411-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 3 de maio de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2016/2411-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: cambio de sección túnel de Vilar de Francos ao CT Ponte Espiño.
Concello: Teo.
Predio |
Titular proposto/a |
Lugar |
Data |
Hora |
3 |
María Cardoso Balado |
Solláns |
8.6.2017 |
10.00 |
5 |
María Luisa Paranjón Buján |
Solláns |
8.6.2017 |
10.30 |
6 |
María Luisa Paranjón Buján |
Pedras da Veiga |
8.6.2017 |
10.30 |
8 |
María Carmen Vilar López |
Pedras da veiga |
8.6.2017 |
11.00 |