Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017028AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de marzo de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017028AL-LU incoado a Bernardo Paredes Fraiz.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Bernardo Paredes Fraiz o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 21 de abril de 2017

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017028AL-LU.

Interesado: Bernardo Paredes Fraiz.

DNI: 33543117D.

Último enderezo coñecido: rúa Lamas de Prado, 89, baixo, 27004 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria. Tamén se confirma a medida provisional de intervención de mercadoría, acordada pola xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo con data do 8 de marzo de 2017.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 3 e 6.2; e puntos 1, 2 e 5 do capítulo I, e punto 1.a) do capítulo VII do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 2.1 e 5.2 do Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre o Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (BOE núm. 57, do 8 de marzo).

Tipificación provisional: dúas infraccións graves, tipificadas no artigo 51.2, parágrafos 2º e 12º, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción proposta: dez mil dous euros (10.002 €), a razón de cinco mil un euros (5.001 €) por cada unha das infraccións.