Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23303

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG núm. 73, do 17 de abril de 2017, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 17801, no Resolvo cuarto, no parágrafo segundo, onde di:

«O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de decembro de 2019».

Debe dicir:

«O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de outubro de 2019».

Na páxina 17812, no artigo 6.2.b), onde di:

«b) O valor engadido medio xerado pola actividade económica en que se vai encadrar o proxecto (en función da ratio asinable a cada sector de actividade a 2 díxitos), segundo as táboas indicadas no anexo IV destas bases (0-30 puntos).

A puntuación vén dada por aplicación da seguinte fórmula: (valor engadido medio do sector×30)/92,66; sendo 92,66 o valor máis alto do valor engadido bruto/ingresos dos distintos sectores de actividade».

Debe dicir:

«b) O valor engadido medio xerado pola actividade económica en que se vai encadrar o proxecto (en función da ratio asinable a cada sector de actividade a 2 díxitos), segundo as táboas indicadas no anexo IV destas bases (0-30 puntos).

A puntuación vén dada por aplicación da seguinte fórmula: (valor engadido medio do sector×30)/ 98,34; sendo 98,34 o valor máis alto do valor engadido bruto/ingresos dos distintos sectores de actividade».

Na páxina 17837, no anexo IV, na táboa con datos do valor engadido bruto medio por sectores de actividade, onde di:

Sectores de actividade

VEB

52 Actividades postais e de correos

31,21 %

Debe dicir:

Sectores de actividade

VEB

52 Almacenamento e actividades anexas ao transporte

38,43 %

53 Actividades postais e de correos

31,21 %