Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 728/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 728/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Aldariz López sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 728/2015, sendo parte neste, como demandante, José Manuel Aldariz López, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, e, como demandado, Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte.

Resolución.

Estímase a demanda interposta por José Manuel Aldariz López e, en consecuencia, condénase a demandada Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 2.171,59 euros, máis o xuro do 10 %. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza