No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 71/2017 interposto polo Comité de Empresa de Pontevedra da Universidade de Vigo contra a Resolución reitoral do 30 de diciembre de 2016 pola que se desestima recurso de reposición contra a aprobación da relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo mediante acordo do Consello de Goberno do 10.10.2016.
Con data do 3.4.2017 o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo dita decreto en que se acorda transformar o procedemento en ordinario.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, que conta a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 19 de abril de 2017
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo