Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23214

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo de Miño

ANUNCIO de cobertura por interinidade dunha praza de administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) núm. 84, do 11 de abril de 2017, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria pública para a cobertura, en réxime de interinidade, dunha praza vacante de administrativo, polo sistema de oposición libre, a teor do artigo 10.1ª) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TRLEBE), e do artigo 23.2.a) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPGA). A citada praza do cadro de persoal do orzamento de 2016, prorrogado para o ano 2017, está encadrada dentro do persoal funcionario de carreira, escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, que quedou vacante por xubilación do titular.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos da maneira prevista nas propias bases.

Castrelo de Miño, 11 de abril de 2017

Xurxo Rodríguez Méndez
Alcalde