Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (120/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 120/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Manuel Cobas Tomé contra Escayolas Gasamáns, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Ángel Manuel Cobas Tomé fronte a Escayolas Gasamáns, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 3.441,58 euros en concepto de principal (2.518,40 euros máis 923,18 euros de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 344,15 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación».

«Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Escayolas Gasamáns, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Ángel Manuel Cobas Tomé e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado se acordará o procedente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas Gasamáns, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza