Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente MON-CO-0136-2017 DIS.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces polo servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e será a data de publicación neste a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 25 de abril de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: MON-CO-0136-2017 DIS.

Denunciada: Amelia Seijo Ponte.

Acto de notificación: acordo de inicio.