Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a formalización do contrato que ten por obxecto o servizo de limpeza en dez centros sociocomunitarios da provincia de Pontevedra.

A Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve formalizar o contrato de servizo seguinte:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 66/2016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=94015

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: limpeza en dez centros sociocomunitarios da provincia de Pontevedra.

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2017; BOE núm. 316, do 31 de decembro de 2016, e DOUE do 20 de decembro de 2016.

e) Data de publicación na Plataforma de contratación da Xunta de Galicia: 26 de decembro de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto e regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento: 576.000,00 €. IVE (21 %): 120.960,00 €. Total: 696.960,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 1 de abril de 2017.

c) Contratista: Itma, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe da adxudicación: 510.795,72 €. IVE (21 %): 107.267,10 €. Total: 618.062,82 €.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa por aplicación de fórmulas automáticas como criterios de adxudicación.

Vigo, 18 de abril de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo