Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilar de Barrio (expediente IN407A 2017/5-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Ditribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT ao CT serradoiro As Chairas.

Situación: Vilar de Barrio.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV de 297 m con condutor LA 30 mm2 Al e con orixe no apoio existente C-3000-14 da LMT SRS805 e remate no apoio existente de formigón HV-10-1000 da LMT ao CT particular serradoiro As Chairas (32P641).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de abril de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense