Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2017/178-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: W Diamant Herramientas, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Osinalde Errotabe, 3, 20000 Usurbil.

Denominación: LMTS, CS W Diamant.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 20 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta existente na LMT BAL710, entre o CT Recsa e o CS Granitos de Atios, unha vez entre e saia do centro de seccionamento proxectado W Diamant. Centro de seccionamento, con celas modulares, con illamento e corte en SF6, situado no polígono industrial As Gándaras, Budiño, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de abril de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra