Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMT GON805 derivada Camos-Tarela e CS, no concello de Nigrán, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2016/599-4).

A instalación denominada Reforma LMT GON805 derivada Camos-Tarela e CS, no concello de Nigrán, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 7 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 23 de maio de 2017, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Nigrán.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 18 de abril de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Reforma LMT Camos-Tarela (Nigrán)

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

M2 chan

Ml aéreo

M2 aéreo

M2 sub.

Concello

1

Tarela

Prado

Julio Soto Domínguez

1

0,50

50

325

-

Nigrán

2

Tarela

Prado

Delio Salgueiro Álvarez

1

0,50

3

207

-

Nigrán

3

Lagares

Solar

Rosario Fernández Vidal

CT

12,97

-

-

5,66

Nigrán