1. Resolución do 19 de abril de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga) o servizo de cálculo intensivo e comunicacións para o servizo de predición.
– Actividade: servizo de cálculo intensivo e de comunicacións para o servizo de predición de Galicia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Fundación Cesga a consideración de medio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da resolución; a data máxima para a finalización dos traballos será o 31 de decembro de 2017 ou ata a total execución das unidades orzadas.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017; aplicación orzamentaria 07.02.541E.640.1.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio