Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22416

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e da relación definitiva de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría (anuncio de apertura do prazo de data 10 de febreiro de 2017, Diario Oficial de Galicia número 38, do 23 de febreiro).

Logo de publicadas as puntuacións provisionais e a lista provisional de persoas excluídas e resoltas todas as reclamacións, procede publicar no portal da internet desta consellería as puntuacións definitivas e a relación definitiva de persoas excluídas.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas no portal da internet desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións definitivas e a relación definitiva de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría.

Segundo. Contra as puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos, que lle pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 4 da Lei galega 6/2001, do 29 de xuño, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, segundo o establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos