Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de formalización do contrato de servizos de limpeza de edificios e instalacións dependentes do concello de Vilagarcía de Arousa.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato de servizos denominado limpeza de edificios e instalacións dependientes do concello de Vilagarcía de Arousa.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

c) Número de expediente: CT -10/2016-e.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vilagarcia.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: limpeza de edificios e instalacións dependentes do concello de Vilagarcía de Arousa.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisicións: non procede.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.301.826,83 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.510.385,06 euros. Importe total: 1.827.565,92 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data adxudicación: Xunta de Goberno Local do 13 de febreiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 31 de marzo de 2017.

c) Adxudicataria: Clece, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto 1.450.548,00 euros. Importe total: 1.755.163,08 €.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vilagarcía de Arousa, 12 de abril de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde