Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22220

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Marco

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración de enerxía eléctrica para o edificio da fundación.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Fundación Marco. Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración de enerxía eléctrica. Lugar de execución: Príncipe 54, 36201 Vigo. Prazo de execución: dous anos e posibilidade de dúas prórrogas.

3. Tramitación e procedemento. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 99.000 euros, IVE e impostos non incluídos. O importe definitivo do contrato virá determinado pola aplicación das tarifas contratadas ás potencias contratadas e o consumo eléctrico efectivamente realizado.

5. Obtención da documentación e información: www.marcovigo.com (Contratación); teléfono 986 11 39 00. Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista: capacidade de contratar con administracións públicas e figurar na listaxe oficial da Comisión Nacional de Enerxía como empresas comercializadoras de enerxía eléctrica.

7. Presentación das ofertas. Prazo: ata quince (15) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Documentación: a exixida no prego de condicións. Lugar de presentación: billeteira do Museo Marco; rúa Príncipe 54, 36202 Vigo, ata as 14.00 horas do último día de prazo.

8. Criterio de adxudicación: o criterio de adxudicación será exclusivamente o prezo ofertado; resultará adxudicatario o licitador que presente a oferta máis económica.

9. Apertura de oferta administrativa, técnica e económica, data e hora: anunciaranse no perfil do contratante da Fundación Marco e comunicaránselles aos licitadores cunha antelación mínima de 72 horas por correo electrónico.

10. Outra información: listaxe dos consumos do exercicio anterior anunciado na www.marcovigo.com (Contratación).

11. Páxina web para a obtención de información: www.marcovigo.com (Contratación).

Vigo, 10 de abril de 2017

Martiño Nogueira Canle
Xerente da Fundación Marco