Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se publica a Resolución do 10 de febreiro de 2017 pola que se concede autorización a Tauw Iberia, S.A.U. para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Elena Castillo como responsable de calidade e ambiente de Tauw Iberia, S.A.U., con CIF A-78686458, con sede na avenida de la Albufera, 321, 1º, 28031 Madrid, para actuar como organismo de control, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático ten en consideración os seguintes

Feitos:

Primeiro. Tauw Iberia, S.A.U. foi acreditada por Enac, Entidade Nacional de Acreditación, para as actividades de inspección ambiental, segundo os criterios recollidos na Norma UNE-EN ISO/IEC 17020:2012, tal e como consta no certificado de acreditación nº 238/EI414, do 15.4.2011 (anexo técnico revisión 6), con vixencia ata notificación en contra.

Segundo. Con data do 1 de febreiro de 2017, Elena Castillo como responsable de calidade e ambiente de Tauw Iberia, S.A.U., presentou escrito solicitando, ao abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestruturas de calidade e seguridade industrial, que se lle conceda a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, xuntaba a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE núm. 101, do 28 de abril), nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE núm. 191, do 9 de agosto), e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE núm. 246, do 14 de outubro; DOG núm. 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG núm. 2, do 12 de febreiro), e 132/1982, do 4 de novembro (DOG núm. 30, do 4 de decembro), e do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo), e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación deste expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Terceiro. A documentación presentada por Tauw Iberia, S.A.U. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Tauw Iberia, S.A.U. para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Inspección ambiental (ensaios no sector ambiental):

• Solos potencialmente contaminados e augas subterráneas asociadas.

2. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra e pode ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos recollidos na lexislación vixente, cando o sexan as citadas acreditacións de Enac.

3. Tauw Iberia, S.A.U. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, e debe, en calquera caso, notificar á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou, cando inicie a súa actividade.

4. Esta autorización queda supeditada ás seguintes condicións:

1º. Comunicar á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático ao día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, e xuntar, se é o caso, informe ou certificado da Entidade Nacional de Acreditación (Enac).

2º. Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3º. Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poida establecer a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático