Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de abril de 2017 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa referencia 12-48-17-85.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á denunciada, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se indican, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para os efectos do disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a posta de manifesto dos documentos que constan no procedemento, nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos no edificio de Área Central, praza de Europa, 5A-6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan obter copia dos que consideren convenientes, concedéndolle, así mesmo, un prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación da presente, para que formule alegacións e presente os documentos e informacións que consideren pertinentes ante o instrutor.

De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), usando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia, e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución, e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciada

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-17-85

3407-FGG

Garda Civil

Ángela Mª Domínguez Raño

R/ Crocha Levante, nº 2

15948 A Pobra do Caramiñal

(A Coruña)

Estacionamento prohibido.

11.2.2017; 13.00 horas;

Ribeira (A Coruña)

Art. 306.1.a) RDL 2/2011 TRLPEMM

Arts. 17 e 64

OM 12.6.1976

Art. 312 RDL 2/2011 TRLPEMM

90 €