Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 22004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2017/14-2, 8482 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: recuamentos LMT CHA814 por execución da autovía Ourense-Lugo (A-56).

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea a 20 kV xeral CHA814 tramo entre centros de transformación Pradeda (27AG74) e Estibada (27AD39), con orixe na celosía metálica proxectada nº 73 tipo C-A-AG-14/4500 e final no apoio metálico proxectado nº 74 tipo C-A-A-AG-16/3000, cunha lonxitude de 286 metros en condutor tipo LA-110. Reténsanse os vans entre os apoios 73 proxectado e o 71 existente e o van entre o apoio 74 proxectado e o apoio 75 existente.

Liña de media tensión aérea a 20 kV derivada CHA814 dirección ao centro de transformación Quinta (27AL90), con orixe na celosía metálica proxectada nº 73-1 tipo C-FL-16/4500 e final no apoio metálico proxectado nº 5 tipo C-FL-16/3000, cunha lonxitude de 514 metros en condutor tipo LA-56. Reténsanse os vans entre o apoio 5 proxectado e o apoio de madeira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 5 de abril de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo